Ir ao contido

O Consorcio

Quen dirixe o Consorcio

Órganos de goberno, Presidencia e estrutura do servizo de bombeiros. Designacións oficiais actualizadas ao 15 de outubro de 2026.

Órganos de goberno

Pleno e Comisión de Contas

Están formados por cinco vogais titulares: dous da Deputación de Pontevedra, dous da Xunta de Galicia e un en representación dos concellos consorciados.

5 vogais titulares, cada un co seu suplente.

Deputación de Pontevedra

2 vogaisResolución RP2024003277 · 22/04/2024
  • Alejandro Lorenzo AlonsoPresidente do Consorcio
    SuplenteMarcos Guisasola PadínDesignación nominal
  • Javier Tourís RomeroVicepresidente do Consorcio
    SuplenteJorge Cubela LópezDesignación nominal

Xunta de Galicia

2 vogaisOrde do 27/12/2022 · Vinculada ao cargo
  • Santiago Villanueva ÁlvarezDirección Xeral de Emerxencias e Interior
    SuplenteAndrés Iglesias LópezSubdirección Xeral de Seguridade e Coordinación
  • Pablo Fernández LópezDelegación Territorial da Xunta en Pontevedra
    SuplenteRamón Pereiro SantínSecretaría da Delegación Territorial en Pontevedra

Concellos consorciados

1 vogalAsemblea de alcaldes · Unanimidade · 30/04/2024
  • Paula Fernández PenaAlcaldesa de Silleda · Representación dos concellos
    SuplenteAdolfo Campos VázquezAlcalde de Dozón

Infografía dos órganos de goberno · PDF accesible en preparación

A Presidencia

O presidente

O presidente representa o Consorcio e dirixe o seu goberno e administración, de acordo cos estatutos e coa normativa aplicable.

Elección. É elixido polo Pleno por maioría absoluta do número legal dos seus membros. O cargo renóvase cando se renovan os cargos das administracións consorciadas como consecuencia de eleccións ou doutros cambios que o fagan necesario.

Substitución. O vicepresidente substitúe o presidente nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade e nos demais supostos que procedan regulamentariamente. Durante a substitución exerce as mesmas competencias que o presidente.

Principais funcións

  1. 01Convocar e presidir as sesións do Pleno e dos demais órganos do Consorcio.
  2. 02Supervisar o funcionamento administrativo e técnico e a actuación da Xerencia, que depende directamente da Presidencia, dando conta ao Pleno.
  3. 03Presentar o proxecto de orzamento e desenvolver a xestión económica conforme ao orzamento aprobado, autorizar gastos, ordenar pagamentos e render contas, dentro das súas competencias.
  4. 04Dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e as obras do Consorcio.
  5. 05Exercer a xefatura superior do persoal e as atribucións que lle corresponden nesta materia, incluída a aprobación da oferta de emprego público e das bases dos procesos selectivos, de acordo co orzamento e co cadro de persoal aprobados polo Pleno.
  6. 06Exercer as competencias que lle correspondan en contratación, adquisición de bens e aprobación de proxectos de obras e servizos, conforme á normativa aplicable.
  7. 07Ordenar a publicación e a execución dos acordos do Consorcio e velar polo seu cumprimento, así como exercer a súa defensa xudicial e administrativa nas materias da súa competencia.

Estrutura

Organigrama do servizo

O organigrama tamén está descrito en texto para lectores de pantalla.

Presidente
Asistencia e controlSecretario · Interventor
Xerente-xefe
Técnico de mantemento
Sarxento en funcións
  • 1.ª quenda3 prazas de bombeiro-condutor
  • 2.ª quenda3 prazas de bombeiro-condutor
  • 3.ª quenda3 prazas de bombeiro-condutor
  • 4.ª quenda3 prazas de bombeiro-condutor
  • 5.ª quenda3 prazas de bombeiro-condutor

O Secretario e o Interventor dependen da Presidencia e exercen funcións de asistencia e control. O Técnico de mantemento e o Sarxento en funcións dependen do Xerente-xefe. As cinco quendas dependen do Sarxento.